Somos unha distribuidora de electricidade e nunca nos poremos en contacto con te para realizarche ofertas comerciais, propoñerche un cambio de empresa comercializadora nin tampouco reclamarche débeda polo teu consumo eléctrico.
Se queres saber máis sobre as diferenzas entre unha empresa distribuidora e unha comercializadora, pica aquí.
Para manterte a salvo de estafas e roubo de información, é mellor ser desconfiado e non facilitar ningún dos teus datos, nin moito menos pagar nada se non estás absolutamente seguro de que non é unha fraude. Nós, como UFD, nunca reclamamos débedas de consumo eléctrico nin ofrecemos descontos, porque non nos encargamos das facturas do teu consumo mensual de electricidade.
Nunca reclamamos débeda de consumo eléctrico
Nosotros, como distribuidora, no nos encargamos de facturarte por tu consumo eléctrico. Por eso, si se poñen en contacto con te no noso nome por unha débeda do teu consumo eléctrico, nunca pagues nin premas en ningunha ligazón, consúltanos para verificar a comunicación!
Cando podemos reclamar unha débeda?
Si poderiamos reclamarche unha débeda por algún servizo que contratases connosco, por exemplo, unha conexión á rede eléctrica, un aumento da túa potencia contratada ou unha modificación do trazado dunha liña eléctrica da túa instalación.
Consúltanos antes de pagar
Ante calquera dúbida, non contestes a mensaxe nin premas ningunha ligazón, por favor, ponte en contacto connosco polas nosas canles oficiais e indicarámosche se é unha chamada, un correo ou unha SMS lexítima ou non.
Denuncia unha chamada fraudulenta
Se cres que recibiches unha chamada fraudulenta facéndose pasar por UFD, non facilites ningún dato persoal.
Avísanos a través do seguinte formulario e revisarémolo.