En UFD, dixitalizamos a enerxía!

Innovación

Sabías que en Naturgy contamos cun grande espírito innovador que poñemos ao servizo da dixitalización?

Este espírito permitiunos transformar e automatizar a rede de UFD, a distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy, incorporando equipamento, telecomunicacións, protocolos, sistemas e analítica de datos para converter a nosa rede física nunha rede dixital que nos axude a xestionar os desafíos que as redes de distribución teñen por diante.

Para logralo, estamos a desenvolver múltiples proxectos de dixitalización. Por exemplo, creamos un modelo virtual das nosas redes que incorpora o uso de imaxes por satélite, tecnoloxía LiDAR, fotografías dende helicópteros e drons BVLOS. Tamén incorporamos tecnoloxías de última xeración para supervisar dixitalmente a masa forestal, o que nos permite un maior control dos riscos, e incorporamos sensores na rede para localizar afeccións externas ás nosas liñas.

E aínda hai moito máis. Descubre no seguinte vídeo a forza do espírito innovador de Naturgy.

Dálle ao Play!