Ás veces esquecemos pautas de seguridade tan sinxelas como, por exemplo, non subir baixo ningún concepto a unha torre eléctrica ou que os cables non son tendais e, polo tanto, non debemos colgar neles zapatos nin outros obxectos.
Ademais, cando realizamos actividades debaixo de liñas aéreas, como pescar ou transportar obxectos moi voluminosos, temos que ir con coidado para non provocar ningún contacto ou descarga.
En caso de conducir ou manobrar vehículos de grande envergadura como camións, tamén é importante supervisar a zona previamente e contar coa súa altura, para non colidir coa rede eléctrica se houber algunha na zona de manobra.