Agora queremos explicarche en que consiste a separación de actividades entre as distribuidoras e comercializadoras, tamén coñecido como o unbundling. A lei obriga as empresas de distribución de electricidade a dedicarse exclusivamente a esta actividade, sen que poidan, polo tanto, realizar actividades de produción ou comercialización de electricidade.
No suposto de que un grupo de sociedades — como, no noso caso, o Grupo Naturgy — desenvolva todas estas actividades, ten que facelo dende sociedades completamente distintas e que cumpran con determinados criterios de independencia, por exemplo, non compartir entre elas información comercialmente sensible, o que podería supoñer unha vantaxe competitiva fronte aos seus competidores.
Por este motivo, dende UFD, como distribuidora eléctrica, non podemos intercambiar información comercialmente sensible coas comercializadoras do Grupo Naturgy, aínda que formemos parte do mesmo grupo empresarial.
Non obstante, tamén como distribuidora eléctrica, si que debemos dispoñer de mecanismos de comunicación con todas as comercializadoras eléctricas que operan nos territorios onde temos redes de distribución, para unha correcta xestión dos procesos de conexión, contratación e facturación.
Un exemplo para ilustralo…
Para que o entendas mellor, pensa, por exemplo, nas túas compras por Internet. A empresa que che vende un produto, ao traercho á casa, utiliza estradas e talvez algunha autoestrada, pero non por iso constrúe, mantén ou explota esas estradas e autoestradas.
No caso da electricidade, a distribuidora sería a responsable da autoestrada e, ademais, por lei non pode dedicarse a outra cousa que non sexa construír, manter e explotar as estradas que, no noso caso, son as redes e outras instalacións eléctricas por onde circula a electricidade ata chegar á túa casa.
Por outro lado, a comercializadora é a que che vende a electricidade (o produto que circula polas redes) e non pode dedicarse ao negocio de construír, manter e explotar as redes eléctricas.
En UFD, gústanos axudarche a entender mellor o complexo mundo da enerxía!