Co obxectivo de impulsar estes cambios de forma coordinada co resto de operadores europeos, UFD participa no proxecto OneNet, unha importante iniciativa impulsada pola Comisión Europea a través do Programa Marco Horizon 2020, que traballa na integración dos actores da rede eléctrica en toda Europa para crear sinerxías na súa operación e lograr así optimizar o sistema enerxético no seu conxunto, maximizando a capacidade do consumidor para participar no mercado.
Para conseguilo, realizaranse demostracións a grande escala de servizos de rede innovadores, que estarán coordinadas entre máis de 70 empresas e entidades de diferentes países. UFD participará na demostración española, formando parte do consorcio xunto con OMIE, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a Universidad de Comillas e outras empresas do sector.
O piloto de UFD consistirá en desenvolver un mercado de servizos de flexibilidade, contratados e activados polo distribuidor segundo as necesidades das infraestruturas, conseguindo unha rede máis optimizada e unha maior penetración de xeración distribuída e renovable.
Descubre máis sobre o proxecto aquí.
Estamos a construír as redes eléctricas do futuro!