Ante estes casos, dende UFD queremos que coñezas as nosas recomendacións para evitar que isto che suceda a ti.
Para empezar, é pouco habitual que os nosos operarios teñan que acceder á túa vivenda para realizar traballos na instalación eléctrica. De feito, só hai catro supostos nos que si é necesario que entremos na túa casa:
- Cando solicites un aumento da potenciaeléctrica, pode ser necesario retirarche o Interruptor de Control de Potencia.
- Cando o contadorestea dentro da túa vivenda, algo que é moi pouco habitual.
- Cando solicites uncambio no teu contrato de electricidade e a instalación teña máis de 20 anos, xa que teremos que revisala.
- Cando comuniquesdanos en aparatos eléctricos e o servizo técnico acuda a realizar a valoración ou reparación. Nalgúns casos, chamámoste antes nós para valorar a asistencia dun técnico.
Polo tanto, se non fuches ti quen solicitou a presenza dun operario da compañía, o contador non está dentro da túa casa ou non te chamamos nós, desconfía. E, en todo caso, se para estes supostos temos que acceder á túa vivenda, os nosos operarios sempre irán debidamente acreditados cun carné oficial.
E recorda, en UFD, nunca teremos que realizar ningunha acción dentro da túa casa que deba ser aboada nese mesmo instante, nin en metálico, nin mediante tarxeta.
Xa sabes! Ante a máis mínima dúbida sobre a acreditación ou as intencións do operario que solicite entrar na túa vivenda, sigue estes útiles consellos e contacta connosco a través do teléfono 900 111 999.