As redes eléctricas, factor clave na transición enerxética

Transición enerxética

Nesta transición enerxética, as redes de distribución de electricidade desempeñarán un papel esencial para dar resposta a retos como o aumento do consumo de electricidade, os sistemas de recarga do vehículo eléctrico ou a integración do incremento da xeración renovable.

O Goberno acaba de aprobar un paquete de medidas para que España cumpra cos compromisos da UE en materia de descarbonización da economía en 2050, no marco do Acordo de París para frear o cambio climático.

Para cumprir con estes obxectivos, será necesario cambiar o actual modelo enerxético e dar un maior impulso ás enerxías renovables e á mobilidade sostible, especialmente ao vehículo eléctrico, reducindo así o uso dos combustibles fósiles e propiciando unha maior electrificación da economía.

Nesta transición enerxética, as redes de distribución de electricidade desempeñarán un papel esencial para dar resposta a retos como o aumento do consumo de electricidade, os sistemas de recarga do vehículo eléctrico ou a integración do incremento da xeración renovable.

Por outra parte, encamiñámonos cara a un modelo de redes eléctricas multidireccionais, no que os propios usuarios poden ser produtores de electricidade e, polo tanto, as compañías distribuidoras, como UFD, temos que xestionar ese fluxo cunha combinación intelixente de telecomunicacións, electrónica de potencia e de control, sensorización, automatización e sistemas de información e control, que nos permitirá xestionar unha xeración e demanda, cada vez máis distribuídas e dinámicas.

As redes eléctricas, eixe central da transición enerxética

Redes eléctricas

UFD, como empresa distribuidora de electricidade, ten xa un papel protagonista na transición enerxética e traballa cada día para anticiparse ao futuro da electricidade.

Tamén che pode interesar

Redes intelixentes

Saber máis