En UFD, gustaríanos axudarche dándoche uns sinxelos consellos: pequenos trucos para que aforres enerxía mentres gozas dunhas merecidas vacacións.

A neveira, un grande aliado para aforrar:
- Se te vas de vacacións e non a vas utilizar, sube un pouco a temperatura, aforrarás enerxía.
- Asegúrate de que as gomas están en bo estado para que sele correctamente e non desbaldir electricidade.
- Se non vas estar na casa durante unhas semanas, é mellor baleirala e apagala. Non consumirá ningún kWh! E non esquezas deixar as portas abertas, así non se xerará mofo nin malos cheiros.

Desenchufa todos os aparatos eléctricos que non sexan imprescindibles durante a túa ausencia:
- Cando marches da casa, non esquezas desenchufar os teus aparatos electrónicos. Aínda que non os uses, tamén están a consumir enerxía.

Apaga tamén o quentador de auga ou a caldeira:
- Se non vas estar na casa, tamén podes apagar o quentador de auga ou a caldeira e desconectalos da rede eléctrica. Supoñerache un aforro económico e enerxético.

As luces, non esquezas apagalas todas:
- Ás veces, coas présas por marchar de vacacións, podémonos deixar algunha luz acendida sen querer. Antes de pechar a porta da casa, repasa todos os cuartos para que non quede ningunha acendida.

Tes electrodomésticos moi antigos e ineficientes? Renóvaos!
- As ofertas de verán poden ser un bo momento para renovar algúns dos teus aparatos eléctricos e electrodomésticos por outros máis modernos que teñan a etiqueta A+++, xa que che ofrecen moito mellor rendemento e aforro. É un investimento para os próximos anos!
Gustaríache ter controlado o consumo eléctrico do teu fogar dende o teu destino de vacacións?
Dende a túa área privada podes comprobar o consumo eléctrico da túa casa, esteas onde estiveres. Comodamente, e dende calquera dispositivo, saberás canta electricidade se está a consumir na túa casa, de forma diaria e mesmo por horas.
En UFD, estamos a construír un futuro máis sostible para todos!