Entrando na túa solicitude, unha vez aceptes o orzamento e realices o pagamento, na nova fase de “Tramitación” poderás consultar o estado da tramitación das licenzas, permisos e autorizacións administrativas que requira a túa petición. Deste xeito, estarás sempre informado de calquera avance.

Na seguinte fase, de Execución da solicitude, poderás avisarnos da data de finalización das túas instalacións particulares e informarémoste da data prevista de execución dos traballos. Unha vez executados, para finalizar o proceso, facilitarémosche o Código Universal do Punto de Subministración, ou CUPS, que precisarás para formalizar o contrato coa empresa comercializadora que ti elixas.
Lembra que, sempre que o precises, podes facer seguimento da túa solicitude, consultar as mensaxes, as facturas e enviarnos calquera consulta a través do apartado “As miñas peticións”.
En UFD, traballamos pensando nas túas necesidades.