Poderás consultar dunha ollada as gráficas do teu consumo eléctrico e comparar a potencia que tes contratada e a que realmente utilizas, con recomendacións para que poidas axustala. Queremos axudarche a aforrar!
Se o desexas, enviarémosche notificacións relacionadas coas túas subministracións ou solicitudes, para que poidas facer un seguimento das túas peticións. Ademais, poderás consultar o estado do teu contador e reactivar o Interruptor de Control de Potencia dende o móbil se está desconectado.
E como a ciberseguridade é fundamental para todos, poderás activar o acceso por biometría, para acceder coa túa pegada ou co recoñecemento facial.
Non perdas ningún detalle, mira este vídeo!
UFD Nueva APP from UFD on Vimeo.
Como podo descargar a app?
É moi sinxelo! Está dispoñible en Google Play para Android e en App Store para iOS.
Para empezar a utilizala, se aínda non estás rexistrado na nosa área privada, podes rexistrarte doadamente dende a propia app. Unha vez rexistrado, accede á app co teu usuario e contrasinal.
Non o penses máis!
Descarga xa a nova app de UFD e descubre o doado que é xestionar a túa subministración eléctrica.