En UFD traballamos para garantir a túa subministración eléctrica

Corporativo

#quedateencasa #euquedonacasa

A electricidade é un servizo esencial e crítico para a sociedade, agora máis ca nunca, e o noso traballo, como distribuidora eléctrica, consiste en garantir a continuidade da subministración en cada casa, en cada fábrica, en cada negocio… pero tamén en cada hospital, en cada servizo de emerxencias e en cada supermercado.

Por iso, a pesar do COVID-19, nós non paramos. Algúns traballamos dende casa, pero tamén temos persoas acudindo aos seus postos, por exemplo, nos Centros de Operación da Rede, que se encargan de velar para que a electricidade sempre estea dispoñible e detectar os posibles fallos para resolvelos o antes posible.

Os equipos do Centro de Operación de Rede están en funcionamento os 365 días do ano as 24 horas do día, e agora incorporaron novas medidas de seguridade, tanto para garantir a saúde das nosas persoas, coma para garantir esa subministración que é tan esencial para os que nos están a coidar durante esta pandemia.

Ademais do Centro de Operación de Rede, a diario contamos con equipos de persoas que saen a revisar as liñas eléctricas e as instalacións para que estean en perfecto estado e funcionen sen problemas. Porque sabemos que non queres pasar nin un minuto sen luz.

En UFD sempre, e agora máis ca nunca, traballamos para garantir a túa subministración eléctrica!