Máis dixitais para ofrecerche un mellor servizo

Innovación

En UFD estamos fortemente comprometidos coa sociedade e o desenvolvemento dos territorios onde levamos a cabo a nosa actividade, sempre coa sostibilidade e o medio como piares básicos para a creación de valor a curto e longo prazo.

 

Así, investimos 450 millóns en 2023 na dixitalización e mellora dos nosos máis de 115.000 quilómetros de rede en España, o que supón un incremento do 59 % con respecto ao ano anterior. Só nos últimos cinco anos, superamos os 1.480 millóns de euros co foco posto na mellora da calidade de servizo.

O noso investimento e gasto xeran 26.000 empregos directos, indirectos e inducidos, actuando como importante panca á hora de fixar poboación nas zonas rurais, debido á importante xestión local dos nosos activos físicos.

O esforzo realizado en desarrollo, sensorización e dixitalización das nosas infraestruturas permitiu unha gran mellora da calidade do servizo, medida a través do tempo de interrupción equivalente á potencia instalada (TIEPI). Este indicador mellorou un 27 % nos últimos cinco anos ata situarse en 30,7 minutos durante 2023.

Manteremos así mesmo un alto ritmo investidor durante 2024, primando a innovación e a dixitalización das redes de distribución como peza fundamental para a transición enerxética cara a un modelo descarbonizado.

Por outra banda, seguiremos evolucionando a nosa Plataforma Dixital de Servizos como espazo onde podes realizar todas as súas xestións dende calquera dispositivo, a calquera hora e dende calquera lugar, e como principal punto de contacto entre os diversos axentes do sistema eléctrico.