A partir de agora, cando curses unha solicitude de conexión á rede, e precises chamarnos para facernos unha consulta ou solicitar algunha xestión relacionada co teu expediente, pedirémosche tres datos como garantía de que facilitamos información á persoa adecuada:
- Número de expediente.
- Enderezo do expediente
- NIF do solicitante, propietario ou pagador.
Deste xeito, melloramos a túa protección, xa que non daremos información sobre o teu expediente a persoas que non dispoñan dalgún destes tres datos.