Tes algunha incidencia co uso da nosa Plataforma Dixital de Servizos? Podémoste axudar!

Corporativo

Te encontraches cunha incidencia mentres usabas a nosa web, xa for na área pública ou na túa área privada? Necesitas resolver dúbidas sobre o seu funcionamento ou tes suxestións de mellora? Se algunha das túas respostas é afirmativa, o que che imos contar che interesa!

A partir de agora, tes á túa disposición un novo servizo de soporte para incidencias ou peticións de información. É moi sinxelo! Só tes que encher o formulario da Área de contacto, no menú superior da páxina e no campo “De que trata a túa consulta?” encontrarás dúas opcións relacionadas con incidencias no uso da web:

  • Hai un erro na Plataforma Dixital de Servizos (web) –> Para reportar erros e incidencias, tanto na área pública coma na túa área privada.
  • Teño unha suxestión de mellora para a Plataforma Dixital de Servizos –> Envíanos as túas suxestións de mellora.

Estaremos encantados de axudarche! Cando recibamos a túa solicitude, buscaremos a mellor solución para ti e cha comunicaremos o antes posible a través da túa área privada no apartado de “As miñas peticións”. Se aínda non estás rexistrado, non esperes máis. Porque, para nós, non hai nada máis importante que mellorar a túa experiencia como usuario!