Ata agora, dabámosche a opción de avisarnos por teléfono ou solicitarnos que te chamásemos cando a instalación estivese finalizada.
A partir de agora, poderás introducir as datas previstas de finalización das túas instalacións particulares en canto dispoñas delas, na túa área privada, e ademais, enviarémosche un SMS ou un correo electrónico recordatorio en caso de non introducir ningunha data, antes de que dende UFD programemos a conexión.
Estas datas servirannos para poder programar canto antes os traballos para conectar as túas instalacións á rede e así finalizar, con éxito e no prazo previsto, a túa solicitude.
Para nós, non hai nada máis importante que a túa satisfacción!