Por iso, a partir de agora avisarémoste en caso de que se produza unha incidencia na nosa rede que poida afectar a túa subministración, mentres o estamos a solucionar.
Cando detectemos a incidencia, enviarémosche unha notificación pola canle que elixises previamente (correo electrónico, SMS ou dende a App de UFD) indicándoche o enderezo, a data e a hora previstas de reposición do servizo.
Ademais, informarémoste cando xa estea solucionado.
Que teño que facer para recibir estas notificacións?
É moi sinxelo! Só tes que rexistrarte na nosa área privada e activar as notificacións accedendo ás Miñas subministracións/As miñas alertas, indicando a canle dende a que queres recibilas.
Sempre que queiras, dende a mesma páxina podes cambiar as túas preferencias de envío ou podes desactivalas.
E como me descargo a App de UFD para poder recibir as notificacións? Podes facelo dende Google Play para Android e dende App Store para iOS.
- Accede a “As miñas subministracións” no menú.
- Fai clic no botón de “As miñas alertas” coa icona da campá.
- Elixe como e cando queres que te avisemos
- En caso de seleccionar a opción de recibir notificacións dende a App de UFD, lembra descargala no teu móbil.
- Non esquezas gardar a túa configuración.
Listo para empezar a recibir as túas alertas!
Aínda non te rexistraches? A que esperas? Rexístrate aquí.