O autoconsumo, agora máis sinxelo dende a nosa Plataforma Dixital de Servizos

Autoconsumo

Sabías que dende hai un tempo asumimos 5 compromisos porque queremos que saibas que, para nós, a túa satisfacción como cliente ou usuario é o máis importante? Un destes compromisos é facilitar a túa conexión á rede eléctrica, xestionando de forma áxil, por exemplo, as novas conexións de instalacións de autoconsumo.

Para iso, agora estarás sempre informado sobre o proceso para conectar o teu autoconsumo e explicámosche, de forma clara e visual, as distintas modalidades que establece a normativa e os pasos que tes que realizar en cada caso. Ademais, podes consultar toda esta información sempre que queiras, a través da nosa Plataforma Dixital de Servizos, onde tamén podes realizar comodamente os trámites para solicitar a túa conexión.

Ademais, a través dun sinxelo formulario, agora indicámosche en cuestión de minutos se necesitas solicitarnos acceso e conexión á rede e facilitámosche o teu Código de Autoconsumo (CAU), requisito indispensable para contratar o teu autoconsumo e rexistralo nas comunidades autónomas.

Tamén che detallamos, a través dun sinxelo infográfico, os seguintes pasos que terás que realizar para finalizar o proceso, o primeiro dos cales será adecuar a túa instalación particular á instrución técnica, na que poderás encontrar todos os esquemas de medida e conexión das distintas tipoloxías de autoconsumo.

E, coma sempre, se tes algunha dúbida, estaremos encantados de atenderte! A través  da nosa Plataforma Dixital de Servizos da área privada podes enviarnos todas as túas consultas e peticións.

Agora, con UFD, xestionar o autoconsumo é moito máis doado!