Se adoita marchar a luz na túa casa durante un temporal…isto interésache!

Servicios

Durante un temporal de chuvia, vento ou neve, sabemos que quedar sen luz é un gran problema, e por iso nós non descansamos ata resolver todas as posibles afectacións sobre o servizo eléctrico.

Ademais, agora queremos ofrecerche toda a información sobre a situación meteorolóxica e a súa posible afectación á subministración eléctrica, dende o ordenador ou o teu móbil, a través da nosa Plataforma Dixital de Servizos.

Cando se produza un temporal, poñeremos á túa disposición un espazo exclusivo, con consellos e recomendacións, información meteorolóxica actualizada, datos e un mapa sobre a afectación da subministración eléctrica na zona, así como os medios materiais e humanos que estamos a empregar para solucionar as avarías.

Pero isto non é todo! Se marcha a luz, poderás avisarnos dende este mesmo espazo, completando un sinxelo formulario, e irémoste informando da evolución da túa incidencia por correo electrónico, ata que quede totalmente resolta. Sen esperas ao teléfono!

Estaremos encantados de poder axudarte!