Por iso, melloramos a nosa web e incorporamos moitas novidades na área privada, porque, a partir de agora, todas as xestións e solicitudes podes facelas dende esta nova canle, mesmo as que facías dende o Portal de Xestións Online de UFD.
Consulta a túa enerxía consumida, autoconsumida ou vertida á rede e elixe como queres visualizar os teus datos: por período de facturación, por días, semanas, meses ou entre as dúas datas que nos indiques
Solicita unha modificación dunha subministración (por exemplo, unha ampliación de potencia ou un desvío de liña) ou unha modificación das túas instalacións particulares
Tramita unha consulta, solicitude ou reclamación
Consulta a túa potencia máxima demandada
Autoriza un xestor ou un asesor enerxético
Solicita unha nova conexión á nosa rede
Solicita unha nova conexión de xeración ou autoconsumo
Todo isto e moito máis!
Se aínda non estás rexistrado, a que agardas? Podes facelo dende calquera dispositivo!