Por este motivo, agora simplificamos os nosos teléfonos de atención ao cliente, deixando un número de atención xeral para consultas e peticións (900.111.999) e un teléfono específico para temas relacionados con avarías (900.333.999), o que nos permite ofrecerche unha atención especial e ser o máis áxiles posible durante estas situacións de urxencia.
Atención xeral
900.111.999
Avarías
900.333.999
Por outra banda, toma nota de que o número que tiñamos habilitado para as xestións sobre puntos de subministración (900.111.444) deixou de estar operativo.
E non esquezas que podes facer todas as túas xestións, solicitar servizos e enviarnos consultas e peticións dende a nosa Plataforma Dixital de Servizos, cando o necesites, dende calquera dispositivo. Só tes que acceder á túa área privada. Aínda non estás rexistrado? Adiante!