Ata o 1 de xullo, este tipo de solicitudes estaban paralizadas porque a moratoria establecida polo Real decreto 1183/2020 (disposición transitoria oitava) nos obrigaba a non admitilas.
Ademais, a partir de agora, poderás comprobar se dispoñemos de capacidade dabondo no punto onde desexas conectarte antes de facer a túa petición, porque publicamos información sobre a capacidade de acceso para a conexión de xeración en cada unha das nosas subestacións.
E como podes solicitarnos unha conexión?
É moi doado!
É posible facelo comodamente dende a nosa Plataforma Dixital de Servizos, só é necesario que te rexistres na área privada. Nós guiarémoste en todo o proceso, explicándoche os pasos que debes seguir e a documentación que necesitamos que nos envíes.
E se tes algunha dúbida, estaremos encantados de poder axudarche!
En UFD, estamos a construír un futuro máis sostible para todos!