Un contador intelixente é un equipo dixital de última xeración e un dos seus principais beneficios é que che permite coñecer mellor canto e como consumes, polo que podes adaptar o teu consumo ás túas necesidades, ser máis eficiente e, polo tanto, aforrar na túa factura.
Podes consultar o teu consumo a través da nosa web, na área privada ou ben a través da nosa app Tuluz, dispoñible para Android, iOS e Windows.
Ademais, o contador intelixente permíteche obter un mellor servizo e facilítache as xestións:
Lectura remota: non fai falta apuntar o consumo nin é necesaria a visita dun lector.
As eventuais avarías detéctanse e soluciónanse máis rápido.
Algunhas operacións, como cambios de potencia, altas e baixas, se fan a distancia.
Como solicitar o contador intelixente
Se aínda non dispós de contador intelixente e che interesa saber como solicitalo, podes contactar connosco a través do formulario de contacto.
Que facer cando se vai a luz por exceder a potencia contratada?
En caso de interrupción da subministración eléctrica por exceder a potencia contratada, por favor, sigue os seguintes pasos:
1. Desconecta os electrodomésticos de maior potencia.
2. Desconecta o interruptor xeral de protección (IGP) situado no cadro xeral. Se nese cadro tiveses interruptor de control de potencia (ICP), desconéctao tamén.
3. Espera entre 5 e 10 segundos.
4. Conecta o IGP e/ou ICP.