Novos servizos e solucións para ti!

Servicios

Presentámosche as novas funcionalidades que incorporamos recentemente á nosa Plataforma Dixital de Servizos. Todo un mundo de servizos e solucións para que goces da túa experiencia connosco. Descúbreos!

Reconecta o teu interruptor de control de potencia cun só clic

reconectar-el-icp

Se non tes luz na casa, agora podes acceder á túa área privada para comprobar se se desconectou o teu interruptor de control de potencia (ICP) e, en caso de que sexa así, reconectalo. Unha vez que o reconectes, se segues sen luz pasados uns minutos, podes comunicárnolo a través da túa área privadaAxudarémosche!

Consulta a túa potencia demandada

Sabes que é a potencia máxima demandada? Explicámoscho! Descúbreo aquí. Agora, dende a túa área privadapodes consultar a túa potencia máxima demandada por meses. Mostrarémosche a súa evolución ao longo do ano de forma gráfica, comparándoa coa potencia que tes contratada. Esta nova función permitirache saber se necesitas modificar a túa potencia contratada. E isto non é todo! Porque se decides modificala, nós guiarémosche paso a paso para que saibas que tes que facer en cada momento.

consulta-tu-potencia-maxima-demandada

Programa a consulta do teu consumo eléctrico e descarga os certificados de consumo

consulta-tu-consumo-eléctrico

Necesitas saber canto consumo eléctrico tes nunha data e hora determinada? Agora xa podes programar unha consulta dende a túa área privada, indicando a data e hora que desexes, ademais de poder marcar se queres que sexa recorrente. Tamén poderás ver o historial de consultas online e programadas que efectuaras e poderás exportar os datos dispoñibles de consultas xa realizadas, para axudarche a coñecer mellor os teus consumos e a optimizalos. Ademais, poderás descargar os certificados de consumo sempre que queiras.

Todo a punto para a túa conexión eléctrica? Nós chamámoste!

Se nos pediches unha conexión eléctrica, para que poidamos conectarte é necesario que teñas listas as túas instalacións de enlace. Non te preocupes, cando esteamos a programar a execución dos traballos enviarémosche un correo electrónico ou unha SMS e recordarémosche que, se as túas instalacións de enlace non están a punto para a conexión, entres na túa área privada e selecciones “Quero que contacten comigo”. Chamarémoste nós para coordinarnos contigo, para a túa maior comodidade. Gústanos poñerte as cousas máis doadas!

instalaciones-de-enlace

Comunícanos as túas incidencias eléctricas dende a túa área privada

tengo-una-avería-eléctrica

Sen esperas ao teléfono, nuns poucos clics, agora podes avisarnos se non tes luz na casa ou no teu negocio, grazas ao novo servizo para rexistrar as túas incidencias eléctricas comodamente dende o móbil ou o ordenador, accedendo á túa área privada e premendo en “Quedaches sen luz? Comunica a túa incidencia”. Abriráseche un sinxelo formulario para que nos achegues información para poder axudarche o máis rápido posible e, ademais, irémosche informando da evolución da túa incidencia por correo electrónico, ata que quede totalmente resolta.