Descubre o noso comparador de potencias e aforra na túa factura eléctrica!

Servicios

Poñemos á túa disposición unha nova ferramenta dixital para facilitarche a comparación entre a potencia eléctrica que tes contratada na túa factura eléctrica e a que realmente utilizas, de forma que poidas axustala e aforrar na túa subministración.

Grazas ao noso novo comparador de potencias, poderás comprobar cal foi mes a mes a túa potencia máxima demandada por cada período (punta, chairo e val) en relación á túa potencia contratada nos devanditos períodos, ver os resultados comparados cos doutro ano que ti elixas e dispoñer de recomendacións para axustar a túa potencia contratada en cada período en función das túas necesidades reais de potencia, o que che proporcionará aforros na túa factura.

Encontrarás o novo comparador de potencias na Área privada da nosa Plataforma Dixital de Servizos, dentro do menú As miñas subministracións. Entra na subministración que queiras consultar e fai clic en Xestionar a miña subministración/Potencia máxima demandada. Debaixo do gráfico verás o recadro Recomendación axuste de potencias.

foto blog_20230309 Comparador_potencia_2

Non esperes máis e descúbreo!

Aínda non estás rexistrado na Área privada?
Rexístrate agora

Na Área privada poderás realizar todas as túas xestións dende calquera dispositivo, a calquera hora e dende calquera lugar:

  • Coñecerás o teu consumo eléctrico diario, mensual ou por horas.
  • Poderás consultar o estado do contador e reactivar o Interruptor de Control de Potencia se está inactivo.
  • Poderás solicitar unha nova conexión á rede para consumo, xeración ou autoconsumo.
  • Permitirache facer seguimento das túas consultas e peticións.

E moito máis!

En UFD, traballamos pensando nas túas necesidades.